Estatutos sociales

ESTATUTOS SOCIAIS
LAR DO REGUEIRO, S. COOP. GALEGA

Inscrita no Libro de Sociedades Cooperativas: tomo IX, folla 466-SCT


CAPÍTULO I

Denominación, domicilio, ámbito, actividade e duración


ARTIGO 1. DENOMINACIÓN E RÉXIME LEGAL

  1. Coa denominación “ LAR DO REGUEIRO, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA” , constitúese unha sociedade cooperativa de consumidores e usuarios, sen ánimo de lucro, dotada de plena personalidade xurídica e suxeita ás disposicións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e as contidas nestes estatutos.

ARTIGO 2. DOMICILIO SOCIAL

  1. O domicilio social da cooperativa establécese na rúa Gabriela Nieto Chaín, número 8, do municipio de Rábade, da provincia de Lugo, C.P 27370
  2. O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do órgano de administración. Con carácter previo á súa inscrición no Rexistro de Cooperativas, o dito acordo deberá comunicarse formalmente ás persoas socias.
  3. Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal no que antes estaba, será necesario o acordo da Asemblea Xeral.
  4. O cambio do domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.

ARTIGO 3. ÁMBITO TERRITORIAL

A sociedade desenvolverá as súas actividades cooperativizadas, con carácter principal, no ámbito territorial correspondente á Comunidade Autónoma Galega.

ARTIGO 4. OBXECTO E ACTIVIDADE ECONÓMICA

  1. A cooperativa terá por obxecto a procura de bens e servizos para o consumo das súas persoas socias e das persoas que convivan con elas, producindo os bens e servizos que proporcionen ou adquiríndoos de terceiras persoas, adoptando medidas de iniciativa social que conduzan a integrar socialmente e desenvolver os servizos necesarios de atención as necesidades que requiren as persoas socias para o seu benestar, e mellorar a calidade e condición da vida da persoa socia, considerada de forma individual e colectiva, en base ao respecto dos principios de sensibilidade socioeconómica e medioambiental así como ao de solidariedade e axuda mutua entre as persoas socias, Tamén promoveran a defensa dos dereitos dos consumidores ou consumidoras e usuarios ou usuarias.

  2. As actividades económicas que desenvolverá a cooperativa, para o cumprimento do seu obxecto social, son:
    • a) A xestión e busca de servizos sociais, educativos, culturais, artísticos, deportivos o de tempo libre para as persoas socias.
    • b) Desenvolver actos formativos y actividades psicoterapéuticas para atrasar, ante o avance natural da idade, a previsible falta de habilidades persoais, potenciando a expresión e a comunicación social por medio de talleres e outro tipo de recursos.
    • c) A xestión e organización de aloxamentos (espazos habitacionais) de carácter individual, para que as persoas socias, podan usar de modo permanente e habitual; así como usar as instalacións complementarias de carácter colectivo anexas, destinadas á desenvolver actividades, con fórmulas e deseños ergonómicos que permitan ata o máximo posible a autonomía en idades avanzadas.
    • d) Xestionar e regular a convivencia de las persoas socias procurando en todo momento as condiciones adecuadas para que desenvolvan, por elas mesmas o mediante terceiros, aqueles servizos, asistencias e actividades necesarias para garantirlles o máis alto nivel de satisfacción vital posible en parámetros físicos, psicolóxicos e sociais.
  3. A subministración de bens e servizos da cooperativa ás súas persoas socias terá a consideración de operacións societarias internas, resultando a mesma cooperativa, así como as súas persoas socias, para todos os efectos, como consumidoras directas.

  4. A realización das actividades económicas que desenvolverá a cooperativa cumpriran coas autorizacións administrativas correspondentes e cos profesionais adecuados.

  5. En canto os requisitos funcionais e de persoal, Lar do Regueiro Soc. Coop. Gallega aterase ao disposto na ORDE do 10 de outubro de 2022, pola que se modifica a Orde de 18 de abril de 1996, polo que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo,en canto á regulación das condicións e requisitos específicos que deban cumprir os centros de atención a persoas maiores.

ARTIGO 5. OPERACIÓNS CON TERCEIROS

A cooperativa poderá realizar actividades cooperativizadas con terceiras persoas non socias, dentro do seu ámbito territorial, ata o límite máximo do 50 por 100 das operacións realizadas coas persoas socias.

A cooperativa deberá reflectir esta circunstancia na súa contabilidade de forma separada e independente e de xeito claro e inequívoco, sen prexuízo da contabilidade xeral da cooperativa. Dos beneficios obtidos por estas operacións imputaranse o 50 por 100 como mínimo o Fondo de Reserva Obrigatorio, e o resto destinarase conforme acorde a Asemblea Xeral en cada exercicio económico, sempre que non se distribúan entre as persoas socias.

ARTIGO 6. DURACIÓN

A cooperativa constitúese por tempo indefinido.


CAPÍTULO II

Das persoas socias


ARTIGO 7. PERSOAS SOCIAS

Poden ser persoas socias da cooperativa:
  1. As persoas físicas que teñan carácter de destinatarios finais do obxecto e actividades da cooperativa e que acrediten ter mais de 50 anos, cumpridos o ano no que solicitan o ingreso como persoas socias, ademais de manifestar un compromiso co proxecto da cooperativa, e cumprir os seguintes requisitos:
    • a)Que o seu estado psíquico lles permita utilizar as instalacións e servizos da Cooperativa sen que supoña un perigo para os demais usuarios.
    • b)Non padecer trastornos de conduta que poidan perturbar gravemente a normal convivencia no conxunto residencial.
    • c)Non padecer enfermidade infecciosa contaxiosa, non ser drogodependente ou alcohólico.
  2. E persoas xurídicas (entes sen ánimo de lucro mercantís, cooperativas e outras persoas xurídicas) e entidades, organizacións de consumidores ou consumidoras que teñan o carácter de destinatarios finais, do obxecto e actividades da cooperativa e que acrediten e manifesten un compromiso co proxecto da cooperativa.

ARTIGO 8. ADMISIÓN

  1. Para adquirir a condición de persoa socia no momento de constitución da prcooperativa, será necesario:
    • a)Estar incluído/a na relación de persoas promotoras.
    • b)Subscribir e desembolsar a achega obrigatoria na contía fixada estatutariamente.
    • c)Subscribir o compromiso de non darse de baixa voluntariamente sen causa xustificada no prazo de 5 anos.
  2. Para adquirir a condición de persoa socia con posterioridade á constitución da cooperativa, será necesario:
    • a) Ser admitido como persoa socia.
    • b) Non ter máis de 70 anos no ano en que se presente a solicitude. O Consello de Goberno poderá atender excepcionalmente as solicitudes que superen esta idade sempre que o solicitante acepte as condicións impostas polo Consello de Goberno. Na primeira Asemblea Xeral que se celebre informarase das solicitudes admitidas, da súa xustificación e das condicións impostas e aceptadas polo socio.
    • c) Que no momento de adquirir a condición de socio poida valerse por si mesmo para realizar actividades básicas da vida cotiá. Neste sentido, enténdese como actividades básicas da vida cotiá as tarefas máis elementais da persoa, que lle permiten funcionar cun mínimo de autonomía e independencia, tales como: coidados persoais, actividades básicas do fogar, mobilidade esencial, recoñecemento das persoas e obxectos, comprender e executar ordes ou tarefas sinxelas.
    • d) Que a Cooperativa dispoña nese momento dun lugar de aloxamento. e que o seu uso non supoña a privación do mesmo, a curto e medio prazo, para os socios colaboradores que se atopen en similares situacións de idade e estado de saúde.
    • e) Subscribir e desembolsar a achega obrigatorias na contía fixada estatutariamente, a cuota de ingreso e as que poidan ser aprobadas en Asamblea Xeneral.
    • f) Subscribir o compromiso de non darse de baixa voluntariamente sen xusta causa que a cualifique de xustificada, ata 5 anos.
    • g) Desembolsar a cota de ingreso (que non poderá ser superior ao 50% da achega obrigatoria mínima ao capital social vixente en cada momento para adquirir a condición de persoa socia) que, de ser o caso, acorde a Asemblea Xeral.

ARTIGO 9. PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

  1. A solicitude de admisión realizarase por escrito dirixido ao órgano de administración da cooperativa, que deberá resolver motivadamente nun prazo non superior a dous meses, que se contarán dende o día seguinte á recepción daquela. A resolución comunicaráselle á persoa solicitante e publicarase no taboleiro de anuncios da cooperativa. Transcorrido o prazo mencionado sen resolución expresa, a solicitude entenderase denegada.
  2. Contra a denegación da admisión a persoa solicitante poderá recorrer no prazo dun mes, que se contará dende a comunicación ou do remate do prazo que o órgano de administración dispón para resolver, ante a Asemblea Xeral. Recurso que se resolverá na primeira Asemblea Xeral que teña lugar, mediante votación secreta, logo de audiencia da persoa interesada.

ARTIGO 10. DEREITOS DAS PERSOAS SOCIAS

As persoas socias teñen dereito:
  • a) A ser electoras e elixibles para os cargos dos órganos sociais da cooperativa.
  • b) A formular propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais dos que forme parte.
  • c) A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
  • d) A participar na actividade da cooperativa para o cumprimento do seu fin social, sen ningunha discriminación.
  • e) A percibir o retorno cooperativo, se é o caso.
  • f) A actualización das achegas ao capital social, así como, de ser o caso, a súa devolución.
  • g) A baixa voluntaria, percibindo a liquidación e o reintegro das achegas ao Capital Social, nas condicións establecidas nos Estatutos.
  • h) Ao dereito de información nos termos establecidos no artigo 23 da Lei de cooperativas de Galicia.
  • i) A todos os demais dereitos que lles outorguen as normas legais e estatutarias ou os acordos validamente adoptados polos órganos sociais.

Os dereitos exerceranse de conformidade coas normas legais e estatutarias e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

ARTIGO 11. OBRIGAS DAS PERSOAS SOCIAS

As persoas socias están obrigadas a:
  • a) Asistir ás reunións da Asemblea Xeral e dos demais órganos para os que fosen convocadas.
  • b) Cumprir os deberes legais e estatutarios así como os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.
  • c) Participar nas actividades cooperativizadas que desenvolvan o obxecto social da cooperativa, de xeito que as persoas socias usuarias viran obrigadas a consumir ou usar na cooperativa bens ou servizos por un importe mínimo de 4.800 euros anuais.

    O órgano de administración poderá liberar temporalmente da dita obriga a persoa socia que o solicite motivadamente, por causa xustificada.
  • d) Non realizar actividades competitivas coas desenvoltas pola cooperativa, salvo autorización expresa do órgano de administración.
  • e) Gardar segredo sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa cuxa divulgación poida prexudicar os intereses sociais lícitos
  • f Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións previstas.
  • g) Participar nas actividades de formación.
  • h) Aceptar os cargos para os que fosen elixidas, salvo xusta causa.

ARTIGO 12. BAIXA VOLUNTARIA.

  1. A persoa socia poderá darse de baixa voluntariamente na cooperativa en calquera momento, mediante preaviso por escrito ao órgano de administración que deberá enviarse cunha antelación de 5 meses. Para os efectos do reembolso de achegas, a baixa entenderase producida ao remate do prazo de preaviso.

    O incumprimento do prazo de preaviso dará lugar á correspondente indemnización de danos e perdas, e a baixa será considerada como inxustificada, agás que o órgano de administración, baseándose nas circunstancias que concorran, a aprecie como xustificada.
  2. Se a baixa entrañase o incumprimento do prazo de permanencia nestes estatutos, sen xusta causa que a cualifique de xustificada, a cooperativa poderá esixirlle á persoa socia participar nos termos nos que vén obrigada estatutariamente, ata o final do período comprometido, nas actividades ou servizos cooperativizados ou, no seu defecto, a esixirlle a correspondente indemnización de danos e perdas.

    En todo caso, a súa baixa será considerada como inxustificada, agás que o órgano de administración, baseándose nas circunstancias que concorran, a aprecie como xustificada.
  3. Establécese como penalidade por incumprimento, do prazo de preaviso ou do período de permanencia, o incremento dun 10 % do importe resultante de aplicar as deducións previstas para o suposto de baixa non xustificada, sobre todas as cantidades reembolsables, lle poidan corresponder á persoa socia. Esta penalización deducirase da contía que se fixe como indemnización por danos e perdas.
  4. Para a cuantificación dos danos e perdas esixibles ás persoas socias polos incumprimentos indicados nos anteriores apartados 1 e 2, fíxanse os seguintes criterios obxectivos: a contía dos danos e prexuízos será a resultante de multiplicar o número de días que resten a persoa socia incumpridora para completar o prazo de aviso previo e/o período mínimo de permanencia pola contía diaria que a persoa socia ten comprometida coa Cooperativa en relación ao servizo de aloxamento e a contía diaria que a persoa socia ten comprometida coa Cooperativa en relación aos servizos que recibe na cooperativa. “Cando o proxecto estea nunha fase previa á prestación dos servizos obxecto da Cooperativa e ésta teña contraídos compromisos de pagamento, o importe dos danos será o resultado de multiplicar o número de meses que lle restan ao socio incumpridor para completar o prazo de preaviso e/ou o período mínimo de permanencia, polo 3% das cotas pendentes de achegar ao capital social, fixando como indemnización de danos e perdas a contía máxima do 25% do capital que teña pendente de desembolso o socio”.

ARTIGO 13. BAIXA OBRIGATORIA.

  1. Cesarán obligatoriamente como socios quienes pierdan los requisitos fijados en el artículo 7 de los presentes Estatutos para formar parte de la Cooperativa o quienes se vean afectados por la resolución de un expediente disciplinario con resultado de expulsión.
  2. A baixa obrigatoria terá a consideración de non xustificada cando a perda dos requisitos para adquirir a condición de persoa socia responda a un deliberado propósito desta de eludir obrigas ante a cooperativa ou beneficiarse indebidamente coa súa baixa obrigatoria.

ARTIGO 14. CUALIFICACIÓN E EFECTOS DA BAIXA

  1. O órgano de administración deberá resolver sobre a cualificación e os efectos da baixa nun prazo máximo de tres meses desde que lle fose comunicada; pasado o dito prazo, a baixa entenderase como xustificada, agás no caso de incumprimento do prazo de preaviso ou do compromiso de permanencia.
  2. Os acordos do órgano de administración sobre a cualificación e os efectos da baixa da persoa socia poderán ser impugnados ante a xurisdición competente e poderán ser obxecto de recurso previo ante a Asemblea Xeral, no prazo máximo de dous meses desde a notificación do acordo.

ARTIGO 15. NORMAS DE DISCIPLINA SOCIAL

  1. As faltas cometidas polas persoas socias, clasifícanse en moi graves, graves e leves. As moi graves e graves son as tipificadas nestes estatutos. As faltas leves, ademais das recollidas nos estatutos, poderán ser tipificadas tamén polo regulamento de réxime interno ou por acordo da Asemblea Xeral.
  2. Son faltas moi graves:
    • a) As operacións de competencia, a fraude nas achegas ao capital social, así como a manifesta desconsideración coas persoas integrantes dos órganos sociais ou coas persoas socias, que prexudique os intereses materiais e sociais ou o prestixio da cooperativa.
    • b) A falsificación de documentos, sinaturas, cuños, selos, marcas, claves ou análogos.
    • c) A non participación na actividade cooperativizada na contía mínima establecida nestes estatutos.
    • d) Violar segredos da cooperativa que prexudiquen ou poidan prexudicar gravemente os seus intereses.
    • e) A usurpación de funcións dos órganos sociais, de calquera dos seus cargos, da dirección e de traballadores ou traballadoras.
    • f) O incumprimento das obrigas económicas coa cooperativa, incluíndo a falta de pagamento das achegas obrigatorias ao capital social.
    • g) Prevalerse da condición de persoa socia para desenvolver actividades contrarias ás leis.
    • h) Ter sido obxecto de sanción durante os últimos cinco anos por dúas faltas graves.
    • i) A embriaguez habitual, o consumo de drogas ou aquelas condutas irregulares que amenacen a integridade física das demais persoas socias da cooperativa e demais persoal.
  3. Son faltas graves:
    • a) A non asistencia inxustificada ás asembleas xerais debida e validamente convocadas, cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta leve por non asistir ás reunións de tal órgano social nos últimos cinco anos.
    • b) A non asistencia inxustificada ás reunións dos órganos sociais, debidamente convocadas, para as que fora convocada aínda que non forme parte deles, cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta leve por non ter acudido a tales convocatorias nos últimos cinco anos.
    • c) Os malos tratos de palabra ou de obra ás persoas que formen parte de calquera órgano social, a outros socios e socias ou á dirección, e a empregados ou empregadas da sociedade.
    • d) Non aceptar ou renunciar, sen causa xusta, aos cargos para os que fora elixido ou elixida pola Asemblea Xeral.
    • e) Ter sido sancionado ou sancionada por tres faltas leves durante os últimos cinco anos.
    • f) A manifesta falta de aseo persoal.
  4. Son faltas leves:
    • a) A falta de asistencia non xustificada ás reunións validamente convocadas da Asemblea Xeral.
    • b) A falta de asistencia non xustificada ás reunións dos órganos sociais para os que fora debidamente convocada, aínda que non forme parte deles.
    • c) A falta de notificación ao órgano de administración do cambio de domicilio da persoa socia, dentro dos dous meses seguintes dende que tal circunstancia se produza.
    • d) Non observar as instrucións ditadas polos órganos competentes para a boa orde e desenvolvemento das operacións e actividades da cooperativa.

ARTIGO 16. SANCIÓNS E PRESCRICIÓN

  1. As sancións que se lles poderán impoñer ás persoas socias pola comisión das faltas son:
    • a) Por faltas moi graves: multa de 501 euros a 1000 euros, suspensión á persoa socia dos seus dereitos, ou expulsión.
    • b) Por faltas graves: multa de 251 euros a 500 euros, ou suspensión á persoa socia dos seus dereitos.
    • c) Por faltas leves: amoestación verbal ou escrita, ou multa de 100 euros a 250 euros.
  2. A sanción de suspender á persoa socia nos seus dereitos só poderá ser imposta no suposto de que o socio ou socia estea ao descuberto das súas obrigas económicas coa cooperativa ou non participe nas actividades cooperativizadas nos termos establecidos nestes estatutos.
    A suspensión dos dereitos á persoa socia, que finalizará no momento no que normalice a súa situación, non alcanzará ao dereito de información nin ao da asistencia á asemblea con voz pero sen voto, nin a devindicar o retorno, nin ás remuneracións dos xuros polas súas achegas ao capital social nin á actualización delas.
  3. As faltas reflectidas no artigo anterior prescribirán se son leves ao mes, se son graves aos dous meses e se son moi graves aos tres meses, contados dende que o órgano de administración tivo coñecemento da súa comisión. En todo caso, prescribirán aos doce meses da data da súa comisión.

ARTIGO 17. ÓRGANO SANCIONADOR E PROCEDEMENTO

  1. A facultade sancionadora é competencia indelegable do órgano de administración, mediante expediente instruído para este efecto e audiencia do interesado ou interesada, que poderá formalizar as súas alegacións por escrito.
  2. Nos supostos de sanción, e sen prexuízo do seu carácter executivo, a socia poderá recorrer no prazo de 30 días dende a súa notificación, ante a Asemblea Xeral.
    O recurso ante a Asemblea Xeral deberá incluírse como primeiro punto da orde do día da primeira que se realice, e resolverase mediante votación secreta con audiencia previa do interesado ou interesada, que se poderá formalizar mediante as súas alegacións por escrito.
    O acordo de sanción ou, de ser o caso, a súa ratificación, poderá ser impugnado, no prazo de dous meses dende a súa notificación, ante a xurisdición ordinaria, pola vía procesual establecida no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galicia.

ARTIGO 18. EXPULSIÓN

  1. A sanción de expulsión só poderá ser acordada polo órgano de administración por falta moi grave tipificada nos estatutos sociais, mediante expediente instruído para este efecto e con audiencia da persoa interesada, que formalizará as súas alegacións por escrito.
  2. Cando a causa de expulsión sexa o encontrarse a persoa socia en descuberto das súas obrigas económicas, non operarán os prazos de prescrición establecidos no artigo anterior, e poderase acordar a expulsión en calquera momento, salvo que o socio ou socia regularice a súa situación durante a tramitación do expediente.
  3. O procedemento sancionador axustarase ao establecido no artigo anterior, se ben o acordo de expulsión será executivo dende que sexa notificada a súa ratificación ou transcorra o prazo para recorrer. O acordo de expulsión poderá ser impugnado canle procesual establecida no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galicia.

ARTIGO 19. PERSOA SOCIA COLABORADORA

  1. Poderán ser socios e socias da cooperativa, en calidade de socios ou socias colaboradoras, aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que, sen poderen realizar plenamente o obxecto social da cooperativa, queiran colaborar na súa consecución e desembolsen as achegas previstas.
  2. A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia colaboradora será de 250 euros e a máxima será a que acorde a Asemblea Xeral. Esta achega deberá desembolsarse na súa totalidade para adquirir a condición de socio ou socia colaboradora.
  3. As persoas socias colaboradoras da cooperativa teñen os seguintes dereitos:
    • a) A ser elector e elixible para os cargos dos órganos sociais da sociedade.
    • b) A presentar propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais dos que forme parte.
    • c) A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
    • d) Á actualización e devolución das achegas ao capital social, así como a percibir, de ser o caso, xuros por elas.
    • e) As persoas socias que acheguen exclusivamente capital, percibirán, de ser o caso, o xuro que acorde a Asemblea Xeral, sen que poida ser inferior ao que perciban as demais persoas socias, nin superior ao xuro legal do diñeiro.
    • f) Ao dereito de información nos termos establecidos no artigo 23 da Lei de cooperativas de Galicia.
    • g O uso e desfrute das instalacións, agás o dereito de residencia permanente.
    • h) A todos os demais dereitos establecidos nas leis, nestes estatutos sociais ou nos acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.
  4. Os socios e socias colaboradores teñen as seguintes obrigacións:
    • a) Asistir ás reunións da Asemblea Xeral e dos demais órganos para os que fosen convocados ou convocadas.
    • b) Gardar segredo sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa que coa súa divulgación poidan prexudicar aos intereses daquela.
    • c) Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións establecidas nestes estatutos e nas Normas de Réxime Interno, así como desembolsar as cotas de ingreso acordadas, de ser o caso, pola Asemblea Xeral.
    • d) Aceptar os cargos para os que fosen elixidos ou elixidas, salvo xusta causa de escusa.
    • e) Cumprir con calquera outro deber legal ou estatutario, así como cos acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.
  5. O réxime de baixa será o establecido para as persoas socias nestes estatutos.
  6. O conxunto destes socios e socias, salvo que sexan sociedades cooperativas, non poderá superar un terzo de membros do órgano de administración, sen que en ningún caso poidan desempeñar os cargos da presidencia e vicepresidencia.
  7. Tamén poderán ser socias colaboradoras aquelas cooperativas coas que se subscriba un acordo de colaboración intercooperativo.
  8. Os socios físicos colaboradores, poderán solicitar por escrito ao Órgano de Administración (Consello Reitor) a incorporación como socios de pleno dereito da Cooperativa, sempre que cumpran as condicións establecidas nos Estatutos e Normas de Réxime Interno que estean nese momento vixentes, e subscriban na súa totalidade as condicións establecidas para adquirir a condición de socio con posterioridade á constitución da Sociedade Cooperativa, establecidas no artigo 8.2 destes Estatutos.

CAPÍTULO III

Dos órganos sociais

SECCIÓN PRIMEIRA

Da Asemblea Xeral



ARTIGO 20. COMPOSICIÓN E CLASES

  1. A Asemblea Xeral, como órgano supremo de expresión da vontade social, é a reunión das persoas socias constituída co obxecto de deliberar sobre a política xeral da cooperativa e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que, en virtude da Lei de cooperativas de Galicia ou destes estatutos, sexan da súa competencia, vinculando as súas decisións adoptadas validamente a todas as persoas socias da cooperativa.
  2. As asembleas xerais poden ser ordinarias ou extraordinarias.
  3. A Asemblea Xeral ordinaria ten por obxecto principal examinar a xestión social, aprobar, se procede, o plan empresarial e as contas anuais e resolver sobre a proposta de distribución de excedentes ou a imputación de perdas, e poderase incluír na orde do día da súa convocatoria calquera outro asunto propio da súa competencia. Todas as demais asembleas terán o carácter de extraordinarias.

ARTIGO 21. COMPETENCIAS

  1. Correspóndelle en exclusiva á Asemblea Xeral a adopción dos seguintes acordos:
    • a) A aprobación do plan empresarial da cooperativa, presentado polo órgano de administración, que será o responsable da súa xestión e execución.La cesión y su correspondiente derecho real se apoyará en líneas generales en el derecho
    • b) O nomeamento e revogación, mediante votación secreta, das persoas integrantes dos órganos sociais, así como o exercicio da acción de responsabilidade contra elas.
    • c) O nomeamento e a revogación da auditoría de contas.
    • d) O exame da xestión social, a aprobación das contas anuais e a distribución de excedentes ou imputación de perdas.
    • e) O establecemento de novas achegas obrigatorias ou voluntarias, a fixación de xuros que lles puidesen corresponder, e a súa actualización.
    • f) A emisión de obrigas, títulos participativos ou outros tipos de participacións que puideran establecerse ou de calquera outro título admitido en dereito.
    • g) A aprobación ou modificación do regulamento de réxime interno da cooperativa.
    • h) O establecemento ou modificación das cotas de ingreso e periódicas.
    • i) A constitución de cooperativas de segundo grao e doutras formas de participación económica, así como a adhesión ou separación delas.
    • j) A modificación dos estatutos.
    • k) A fusión, escisión, transformación, disolución e liquidación da sociedade.
    • l) A creación de seccións e a aprobación e modificación, de ser o caso, dos seus regulamentos de réxime interno.
    • m) A cesión ou alleamento da sociedade ou de parte dela, ou calquera outra decisión que supoña unha modificación substancial da estrutura económica, social, organizativa ou funcional dela.
    • n) Todos os demais acordos nos que así o estableza a lei ou os estatutos.
    • c) O nomeamento e a revogación da auditoría de contas.
  2. A Asemblea Xeral poderá debater sobre cantos asuntos sexan de interese para a cooperativa, sempre que consten na orde do día, pero unicamente poderá adoptar acordos obrigatorios en materias ou asuntos que a Lei de cooperativas de Galicia non considere competencia exclusiva doutros órganos sociais.
  3. A competencia da Asemblea Xeral sobre aqueles asuntos e actos nos que o seu acordo é preceptivo por imperativo legal ten carácter indelegable.

ARTIGO 22. CONVOCATORIA

  1. A Asemblea Xeral será convocada polo órgano de administración, que fixará a orde do día da convocatoria.
    Cando un número de persoas socias que represente o 5 % ou acade a cifra de 100 propoñan por escrito, con antelación á convocatoria dunha Asemblea Xeral, asuntos para introducir na orde do día desta, estes deberán ser incluídos polo órgano de administración na primeira que teña lugar. Non se poderán incorporar novos asuntos na orde do día unha vez convocada a asemblea.
  2. A Asemblea Xeral ordinaria será convocada dentro dos seis primeiros meses seguintes á data de peche do exercicio social. Se transcorre o dito prazo sen que tivese lugar a convocatoria, calquera persoa socia poderá requirir fidedignamente ao órgano de administración que proceda a efectuala. Se este non a convoca no prazo de quince días, contados desde a recepción do requirimento, calquera persoa socia poderá solicitarlla ao xulgado competente do domicilio social, que deberá convocala, designando quen a deba presidir. Neste caso producirase a destitución inmediata do órgano de administración, e procederase á súa nova elección.
  3. A Asemblea Xeral extraordinaria reunirase en calquera momento por iniciativa propia do órgano de administración ou por petición de persoas socias que representen polo menos o 20 % do total de votos sociais ou 100 persoas socias, efectuada por medio dun requirimento fidedigno ao órgano de administración que inclúa a orde do día cos asuntos e coas propostas a debate. Se a Asemblea Xeral non fora convocada no prazo de trinta días, contados desde a recepción da solicitude, calquera persoa socia poderá solicitar convocatoria xudicial conforme o previsto no número anterior.

ARTIGO 23. FORMA DA CONVOCATORIA

  1. A Asemblea Xeral convocarase mediante anuncio exposto publicamente no domicilio social da cooperativa e en cada un dos centros nos que desenvolva a súa2 actividade. Ademais, a convocatoria notificarase ás persoas socias por medios electrónicos.
    A convocatoria farase pública cunha antelación mínima de 15 días no suposto de asembleas ordinarias e de 10 días no de extraordinarias, e cun máximo de dous meses á data de celebración da Asemblea Xeral.
  2. A convocatoria indicará polo menos, a data, hora e lugar de reunión, en primeira e segunda convocatoria, e o intervalo entre unha e outra será de media hora, e expresará con claridade, precisión e suficiente detalle os asuntos que compoñen a orde do día, así como a documentación relativa a ela, que poderá examinarse no domicilio social da cooperativa.

ARTIGO 24. CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA ASEMBLEA

  1. Con carácter xeral, a asemblea xeral terá lugar na localidade onde radique o domicilio social da cooperativa, agás que se realice de forma telemática ou que a asemblea teña carácter de universal, en cuxo caso poderá ter lugar en calquera localidade.
  2. Terán dereito a asistir á Asemblea Xeral aquelas persoas socias que o sexan na data de realización daquela.
    A asemblea quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando estean presentes e representados a maioría dos votos sociais, e en segunda convocatoria cando estean presentes ou representadas persoas socias que teñan o 10% dos votos ou 100 votos.
    Serve acadar estes quórums ao comezo da sesión para que a presidencia a declare validamente constituída.
  3. As reunións da asemblea xeral poderán desenvolverse integramente por videoconferencia ou outros medios telemáticos que permitan a participación a distancia, ou de forma mixta (presencial e por medios telemáticos), sempre e cando todas as persoas que deban de ser convocadas teñan posibilidade de acceso. Na convocatoria determinaranse os prazos, as formas e os modos de exercicio dos dereitos por parte das persoas que asistan telematicamente á asemblea.
    Cando se convoquen reunións da asemblea xeral para a súa realización por medios telemáticos, o órgano de administración deberá adoptar as medidas necesarias para garantir:
    • a) A verificación da identidade das persoas asistentes
    • b) A acreditación da representación coa que actúan, de ser o caso
    • c) O exercicio do dereito de participación con voz e voto, segundo proceda.
    • d) O sentido dos votos emitidos e o seu cómputo, tendo en conta o voto plural cando proceda.
    • e) O segredo dos votos, cando deban ter tal carácter.
  4. Presidirá a Asemblea Xeral a presidencia do Consello Reitor, e na súa ausencia a vicepresidencia do mesmo órgano e, en defecto de ambos, quen elixa a Asemblea Xeral de entre as persoas socias presentes.
  5. A secretaría da Asemblea Xeral será quen exerza tal función no Consello Reitor, e no seu defecto quen acorde a asemblea de entre as persoas socias presentes nela.
  6. Cando na orde do día figuren asuntos que afecten directamente á presidencia ou á secretaría da asemblea, esta virá obrigada a elixir de entre as persoas socias presentes ás persoas que as substitúan en tal función.
  7. As votacións serán secretas nos supostos establecidos nestes estatutos ou na Lei de cooperativas de Galicia, e naqueles en que, a solicitude de calquera persoa socia, o acorden mediante votación o 10 por 100 dos votos sociais presentes e representados na asemblea.
  8. Serán nulos os acordos sobre asuntos que non consten na orde do día, salvo o de convocar unha nova Asemblea Xeral, prorrogar a sesión, destituír ou revogar a calquera membro dos órganos sociais, conforme ao establecido no artigo 45, apartado 3, da Lei de cooperativas de Galicia, e acordar o exercicio da acción de responsabilidade contra as persoas que formen parte de tales órganos, así como solicitar auditoría externa da sociedade.
  9. A Asemblea Xeral ou o órgano de administración poderá autorizar a asistencia, sen dereito a voto, de persoas cuxa presenza resulte de interese para o bo funcionamento da cooperativa.
  10. O órgano de administración poderá requirir a presenza de notario ou notaria para que levante acta da Asemblea Xeral, que terá o carácter de acta única desta, e estará obrigado a facelo sempre que, con cinco días de antelación ao previsto para a súa realización, o soliciten como mínimo o 10 por 100 das persoas socias ou 100 votos sociais. Os honorarios serán por conta da cooperativa.
    En todo caso, calquera persoa socia poderá esixir a presenza de notario ou notaria na asemblea para dar fe do que alí ocorra, e non terá outra eficacia que a derivada do propio instrumento público e os seus honorarios serán satisfeitos por quen requirise a súa presenza.

ARTIGO 25. DEREITO DE VOTO

  1. Cada persoa socia ten dereito a un voto. En ningún caso existirá voto dirimente ou de calidade.
  2. O conxunto total dos votos das persoas socias colaboradoras non poderá superar máis dun terzo dos votos sociais da cooperativa.
  3. Cando a asemblea delibere e acorde sobre expedientes disciplinarios, a persoa socia afectada polo dito expediente deberá absterse de votar, así como para o caso de conflito de intereses entre a persoa socia e a cooperativa, dos relacionados no artigo 49 da Lei de cooperativas de Galicia.
  4. Os socios e socias poderán facerse representar por outras persoas socias, polo seu cónxuxe, ou polos seus parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo por afinidade, con plena capacidade de obrar, autorizándoas por escrito autógrafo ou poder especial subscrito polo representado ou representada para cada asemblea, verificada tal representación polo presidente ou presidenta e o secretario ou secretaria da asemblea. No caso de que participe por medios telemáticos, a convocatoria deberá establecer a forma en que se debe acreditar a representación.
    Unha mesma persoa poderá actuar en representación de ata dez persoas socias.
    A representación conferida entenderase revogada se o socio ou socia asiste á Asemblea Xeral para a que concedeu a representación.

ARTIGO 26. ADOPCIÓN DE ACORDOS

  1. Os acordos da Asemblea Xeral, salvo nos supostos establecidos nestes estatutos ou na Lei de cooperativas de Galicia, serán adoptados por máis da metade dos votos validamente expresados, non serán computables para estes efectos nin os votos en branco nin as abstencións.
    A mesma maioría requirirase para acordar a imposición de novas achegas obrigatorias ao capital social e o establecemento ou modificación de cotas de ingreso ou periódicas.
  2. Requirirase a maioría de dous terzos dos votos presentes e representados para a adopción de acordos sobre modificación de estatutos, fusión, escisión, transformación, disolución e reactivación da sociedade.
  3. Non obstante o sinalado nos parágrafos anteriores, cando a cooperativa conte con dúas persoas socias, e mentres permaneza nesa situación, todos os acordos sociais que requiran maioría de persoas socias ou de votos deberán adoptarse co voto favorable das dúas únicas persoas socias.
  4. Os acordos adoptados pola Asemblea Xeral producirán os efectos que lle son propios dende o momento da súa adopción.

ARTIGO 27. IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DA ASEMBLEA XERAL

  1. Os acordos da Asemblea Xeral que sexan contrarios á lei, se opoñan a estes estatutos ou lesionen en beneficio dunha ou máis persoas socias, ou de terceiras persoas, os intereses da cooperativa, poderán ser impugnados segundo as normas establecidas no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galicia.
  2. As persoas integrantes do órgano de administración están obrigadas a exercer as accións de impugnación contra os acordos sociais, cando sexan contrarios á lei ou se opoñan aos estatutos.
  3. Para o exercicio de accións de impugnación de acordos anulables están lexitimadas as persoas socias que asistiron á asemblea que fixesen constar na acta a súa oposición ao acordo adoptado ou o seu voto en contra deste, as persoas socias ausentes e as que fosen ilexitimamente privadas de emitir o seu voto.
    Para o exercicio de accións de impugnación de acordos nulos están lexitimadas todas as persoas socias e as terceiras persoas que acrediten interese lexítimo.
  4. A acción de impugnación de acordos nulos caducará polo transcurso dun ano dende a data de adopción do acordo ou dende a súa inscrición no rexistro de cooperativas. A acción de impugnación de acordos anulables caducará transcorrido un mes dende a súa adopción ou inscrición.

SECCIÓN SEGUNDA

Dos restantes órganos da cooperativa


ARTIGO 28. ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN. NATUREZA E COMPETENCIAS

  1. O Consello Reitor é o órgano de goberno, xestión e representación da cooperativa, con suxeición á lei, aos estatutos e á política xeral fixada pola Asemblea Xeral, sen prexuízo do establecido a este respecto no artigo 31, apartado 2, da Lei de cooperativas de Galicia, e exerce, ademais, todas aquelas facultades que non lle estean reservadas por tal lei ou polos estatutos a outro órgano social.
  2. A representación atribuída ao órgano de administración estenderase en xuízo e fóra del a todos os asuntos concernentes á cooperativa. Calquera limitación ás súas facultades establecida nos estatutos non poderá facerse valer fronte a terceiras persoas.
  3. O presidente ou presidenta do Consello Reitor, que o será tamén da cooperativa, terá a representación legal dela, sen prexuízo de incorrer en responsabilidade se a súa actuación non se axusta aos acordos da Asemblea Xeral ou do propio Consello Reitor.
  4. O Consello Reitor poderá nomear por maioría de dous terzos das persoas que o integren e de entre elas, a conselleiros delegados ou conselleiras delegadas, persoas físicas, con facultades xerais referidas exclusivamente ao xiro e tráfico empresarial ordinario da cooperativa.
    En ningún caso poderá ser obxecto de delegación a rendición de contas e a presentación do balance á Asemblea Xeral, así como aquelas outras facultades que con carácter de indelegables veñan establecidas polos estatutos ou pola Lei de cooperativas de Galicia. O nomeamento e cesamento, así como as facultades conferidas, constarán na escritura pública e deberán inscribirse no rexistro de cooperativas competente.
  5. Coa excepción das facultades que, por disposición legal ou estatutaria, sexan indelegables dos órganos sociais, o órgano de administración poderá conferir apoderamentos xerais ou singulares, así como proceder á súa revogación, a calquera persoa física, cuxas facultades representativas, de xestión e/ou de dirección, referidas ao xiro e tráfico ordinario da cooperativa, serán as outorgadas na escritura pública de poder, que deberá ser inscrita no correspondente rexistro de cooperativas.

ARTIGO 29. COMPOSICIÓN

  1. O Consello Reitor componse de 6 membros titulares.
  2. Os cargos do Consello Reitor son: presidencia, vicepresidencia, secretaría, vicesecretaria e o resto serán vogais, numerados dende o 1 ata o 2.
  3. No caso de que a Cooperativa teña contratadas a máis de 50 persoas traballadoras con contrato por tempo indefinido, deberán reservar un posto de vogal do Consello Reitor para unha delas, que será elixida e solo poderá ser revogada polo Comité de Empresa ou, no seu defecto, polo colectivo de traballadores e traballadoras que representa. O período para o que é elixido será o mesmo que para o resto de membros do Consello Reitor. A persoa que represente as persoas traballadoras como vogal, nos sustituen a ningún membro do consello reitor, se non que incrementa o seu número.

ARTIGO 30. ELECCIÓN

  1. O Consello Reitor será elixido pola Asemblea Xeral de entre as persoas socias, en votación secreta, polo maior número de votos.
  2. Procurarase unha representación equilibrada de mulleres e homes na composición do Consello Reitor, posibilitaráselles ás persoas que o integran a compatibilidade e a conciliación do seu exercicio profesional pleno coas situacións de maternidade e paternidade e cos coidados de menores e persoas dependentes.
  3. Os cargos do Consello Reitor serán elixidos pola Asemblea Xeral
    Se a persoa elixida é unha persoa xurídica, esta deberá nomear á persoa física que, vinculada por calquera título a esta, a represente no cargo para o que fose designada para cada elección.

ARTIGO 31. DURACIÓN, CESAMENTO E VACANTES

  1. As persoas integrantes do Consello Reitor serán elixidas por un período de 6 anos, renovaranse simultaneamente na súa totalidade ao vencemento do prazo e poderán ser reelixidas.
  2. A renuncia dos conselleiros e conselleiras poderá ser aceptada polo Consello Reitor, así como pola Asemblea Xeral aínda que o asunto non conste na orde do día. As vacantes que se produzan no Consello Reitor cubriranse na primeira Asemblea Xeral que teña lugar, coa excepción do caso de que sexa a propia asemblea quen acepte o cesamento ou a renuncia, suposto no que, debe procederse a cubrir o cargo vacante no mesmo acto.
  3. A Asemblea Xeral poderá destituír dos seus cargos ás persoas integrantes do Consello Reitor en calquera momento, aínda que o asunto non conste na orde do día, por acordo de máis da metade dos votos totais da cooperativa. Se o asunto constase na orde do día bastará o acordo favorable da maioría dos votos presentes e representados.
  4. Se queda vacante o cargo de presidente ou presidenta substituirao nas funcións o vicepresidente ou vicepresidenta ata que se cubra o dito cargo.
  5. Resultará de aplicación o disposto no artigo 45 da Lei de cooperativas de Galicia, no que non estea establecido neste artigo.

ARTIGO 32. FUNCIONAMENTO DO CONSELLO REITOR

  1. A reunión do Consello Reitor deberá ser convocada polo presidente ou presidenta, ou quen a substitúa, por iniciativa propia ou por petición de calquera conselleiro ou conselleira. Se a solicitude non fora atendida no prazo de 10 días poderá ser convocada por quen fixese a petición, sempre que logre para a súa convocatoria a adhesión como mínimo dun terzo do consello.
  2. Poderá convocarse á reunión, sen dereito a voto, o letrado asesor ou letrada asesora e o persoal técnico da sociedade, así como a outras persoas sempre e cando a súa presenza resulte de interese para o bo funcionamento da cooperativa.
  3. O consello quedará validamente constituído cando concorran persoalmente á reunión máis da metade das persoas que o compoñen. As persoas conselleiras non poden facerse representar.
  4. Os acordos adoptaranse por máis da metade dos votos validamente expresados, salvo nos supostos establecidos na Lei de cooperativas de Galicia.
    Para acordar os asuntos que deban incluírse na orde do día da Asemblea Xeral será suficiente o voto favorable dun terzo das persoas que compoñen o consello.
    Cada persoa conselleira terá un voto. O voto do presidente ou presidenta dirimirá os empates.
    Non obstante, cando a cooperativa conte con dúas persoas socias, e mentres permaneza nesa situación, todos os acordos sociais que requiran maioría de persoas socias ou de votos deberán adoptarse co voto favorable das dúas únicas persoas socias.

ARTIGO 33. REMUNERACIÓN

As persoas integrantes do órgano de administración NON poderán ser remuneradas. En todo caso, serán compensadas dos gastos que lles orixine a súa función, salvo os de asistencia ás asembleas rerais

ARTIGO 34. INCAPACIDADES E INCOMPATIBILIDADE

  1. En el régimen de incapacidades e incompatibilidades se estará a lo dispuesto en el artículo 48 de la Ley de Cooperativas de Galicia.
  2. Son incompatibles entre sí los cargos del Consejo Rector. No obstante, serán compatibles con ascendientes, descendientes y afines, sin distinción de grado y cónyuge.

ARTIGO 35. RESPONSABILIDADE DAS PERSOAS INTEGRANTES DO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓNARTIGO

  1. As persoas integrantes do órgano de administración actuarán coa dilixencia debida e con lealdade á representación e responsabilidade que posúen. Responderán solidariamente fronte á cooperativa, ás persoas socias e terceiras persoas do dano causado por actos contrarios á lei ou aos estatutos, e polos realizados sen a dilixencia coa que deben desempeñar o cargo. Estarán exentas de responsabilidade as persoas conselleiras que salvasen expresamente o seu voto nos acordos que causasen dano, e as ausentes que fixesen constar a súa oposición mediante documento fidedigno dirixido ao órgano de administración nos 30 días seguintes ao da adopción de tal acordo.
    As persoas conselleiras deberán gardar segredo sobre aqueles asuntos que teñan carácter confidencial, aínda despois de cesar nas súas funcións.
  2. Non exonerará de responsabilidade o feito de que o acto ou acordo lesivo fose adoptado, autorizado ou ratificado pola Asemblea Xeral.

ARTIGO 36. ACCIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A acción de responsabilidade contra as persoas integrantes do órgano de administración poderá ser exercida pola cooperativa mediante acordo da Asemblea Xeral adoptado por máis da metade dos votos presentes e representados, aínda que o asunto non conste na orde do día.
Será de aplicación en todo o relacionado coa acción de responsabilidade, o establecido no artigo 51 da Lei de cooperativas de Galicia.

ARTIGO 37. IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓNARTIGO

  1. Os acordos do órgano de administración que sexan contrarios á lei ou aos estatutos, que vulneren os dereitos da persoa socia ou que lesionen en beneficio dun a varios socios e socias ou de terceiras persoas os intereses da cooperativa, poderán ser impugnados.
    Para os efectos da posibilidade de impugnación, os acordos das persoas conselleiras delegadas, se existisen, entenderanse adoptados polo órgano de administración.
  2. Están lexitimadas para interpoñer as accións de impugnación de acordos anulables aquelas persoas integrantes do órgano de administración que fixesen constar en acta a súa oposición ao acordo, as ausentes que fixesen constar a súa oposición mediante documento fidedigno dirixido ao órgano de administración nos 30 días seguintes ao da adopción do acordo, ademais das persoas socias que representen, como mínimo, o 10 por 100 dos votos sociais.
    Para a impugnación de acordos nulos está lexitimada calquera persoa socia, incluídas as pertencentes ao órgano de administración que votasen a favor do acordo e as que se abstivesen.
  3. As accións de impugnación de acordos nulos e anulables deberán ser interpostas nun prazo de dous meses contados dende que se tivese coñecemento do acordo, e sempre que non transcorrese un ano dende a súa adopción.
  4. As accións de impugnación tramitaranse e producirán os efectos previstos conforme ao establecido nestes estatutos para a impugnación de acordos da Asemblea Xeral.

CAPÍTULO IV

Do réxime económico


ARTIGO 38. RESPONSABILIDADE

As persoas socias responderán das débedas sociais só ata o límite das súas achegas subscritas ao capital social, estean ou non desembolsadas na súa totalidade. A persoa socia que cause baixa na cooperativa responderá persoalmente polas débedas sociais, previa excusión do haber social, durante 5 anos dende a perda da súa condición de socio ou socia, polas obrigas contraídas pola cooperativa con anterioridade á súa baixa, ata o importe reembolsado das súas achegas ao capital social.

ARTIGO 39. CAPITAL SOCIAL

  1. O capital social da sociedade cooperativa estará constituído polas achegas de natureza patrimonial realizadas a el polas persoas socias, xa sexan obrigatorias ou voluntarias, que poderán ser:
    • a) Achegas con dereito ao reembolso no caso de baixa.
    • b) Achegas cuxo reembolso no caso de baixa poida ser rexeitado incondicionalmente polo órgano de administración.
  2. A transformación obrigatoria das achegas con dereito ao reembolso no caso de baixa en achegas cuxo reembolso poida ser rexeitado incondicionalmente polo órgano de administración, ou a transformación inversa, requirirán o acordo da Asemblea Xeral, adoptado pola maioría esixida para a modificación dos estatutos. A persoa socia que salvase expresamente o seu voto, ou estea ausente ou desconforme con esta transformación, poderá darse de baixa que se cualificará como xustificada.
  3. A transformación obrigatoria das achegas con dereito ao reembolso no caso de baixa en achegas cuxo reembolso poida ser rexeitado incondicionalmente polo órgano de administración, ou a transformación inversa, requirirán o acordo da Asemblea Xeral, adoptado pola maioría esixida para a modificación dos estatutos. A persoa socia que salvase expresamente o seu voto, ou estea ausente ou desconforme con esta transformación, poderá darse de baixa que se cualificará como xustificada.
  4. As achegas realizaranse en moeda de curso legal. Non obstante, poden consistir tamén en bens e dereitos susceptibles de valoración económica. O órgano de administración fixará o seu valor, logo do informe dunha ou varias persoas expertas independentes designadas por el baixo a súa responsabilidade.
  5. O importe total das achegas de cada cooperativista deberá ser inferior ao 50 % do capital social.

ARTIGO 40. CAPITAL SOCIAL MÍNIMO

O capital social mínimo fíxase en 3.150 euros, que deberá estar totalmente desembolsado.

ARTIGO 41. ACHEGAS OBRIGATORIAS

  1. A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia da cooperativa será de 350 euros, terase que desembolsar desta cantidade un 25 por 100 como mínimo para adquirir a condición de socio ou socia no momento da súa subscrición e o resto no prazo que acorde a Asemblea Xeral.
  2. A Asemblea Xeral poderá acordar a esixencia de novas achegas obrigatorias e fixará a súa contía, os prazos e as condicións de desembolso. A persoa socia que tivese desembolsadas achegas voluntarias poderá aplicalas en todo ou parte a cubrir as novas achegas.
  3. A Asemblea Xeral acordará as achegas obrigatorias destinadas a proporcionar as persoas socias o servizo de aloxamento e fixará a súa contía, os prazos e as condicións de desembolso.
  4. A Asemblea Xeral acordará as achegas obrigatorias destinadas proporcionar todos os demais servizos as persoas socias e fixará a súa contía, os prazos e as condicións de desembolso.
    A persoa socia que tivese desembolsadas achegas voluntarias poderá aplicalas en todo ou parte a cubrir as novas achegas.
    O socio ou socia desconforme coa ampliación obrigatoria do capital social poderá darse de baixa, que deberá cualificarse como xustificada.
  5. Se pola imputación de perdas da cooperativa ás persoas socias, a achega ao capital social dalgún deles quedase por debaixo da mínima obrigatoria, o socio ou socia afectada deberá realizar a achega necesaria ata acadar tal mínimo, para o que será requirido inmediatamente polo órgano de administración, que fixará o prazo para efectuar o desembolso. Este prazo non poderá ser inferior a dous meses.
  6. A persoa socia que non desembolse as achegas nos prazos previstos incorrerá en mora polo mero vencemento do prazo, e deberalle aboar á cooperativa o xuro legal que corresponda e resarcila dos danos e perdas causados pola morosidade, e pode ser tamén suspendida dos seus dereitos ata que normalice a súa situación, e se non realiza o desembolso no prazo de dous meses dende que fose requirida para iso poderá ser expulsada da sociedade.
  7. A Asemblea Xeral ordinaria fixará anualmente a contía da achega obrigatoria para adquirir a condición de persoa socia e as condicións e prazos de desembolso.
    O importe das achegas obrigatorias das novas persoas socias non poderá ser inferior á mínima para ser socio ou socia fixada nestes estatutos nin superior ás efectuadas polas persoas socias actuais incrementadas na contía que resulte de aplicar o índice de prezos ao consumo.
  8. A Asemblea Xeral poderá acordar que as achegas obrigatorias ao capital social reporten un xuro pola parte efectivamente desembolsada na contía que aquela estableza, que en ningún caso poderá ser superior ao do xuro legal do diñeiro
  9. A remuneración das achegas obrigatorias ao capital social estará condicionada á existencia no exercicio económico de resultados positivos
  10. Se a Asemblea Xeral acorda devindicar xuros para as achegas obrigatorias ao capital social as achegas de reembolso rexeitable que pertenzan ás persoas socias que causasen baixa na cooperativa e cuxo reembolso fose rexeitado polo órgano de administración, terán preferencia para percibir a dita remuneración.

ARTIGO 42. ACHEGAS VOLUNTARIAS

  1. A Asemblea Xeral poderá acordar a admisión de achegas voluntarias ao capital social que vaian realizar as persoas socias e fixará as condicións delas, sen que a retribución que se estableza, de ser o caso, exceda o xuro legal do diñeiro.
  2. As achegas voluntarias deberán desembolsarse totalmente no momento da subscrición e terán o carácter de permanencia propia do capital social do que pasan a formar parte.
  3. A remuneración das achegas voluntarias ao capital social estará condicionada á existencia no exercicio económico de resultados positivos
  4. Se a Asemblea Xeral acorda devindicar xuros para as achegas voluntarias ao capital social as achegas de reembolso rexeitable que pertenzan a persoas socias que causasen baixa na cooperativa e cuxo reembolso fose rexeitado polo órgano de administración, terán preferencia para percibir a dita remuneración.

ARTIGO 43. TRANSMISIÓN DE ACHEGAS

  1. As achegas poderán transmitirse por actos inter vivos, logo de notificación ao órgano de administración, entre persoas socias preferentemente e entre aquelas que reúnan os requisitos para ser socio ou socia e se comprometan a selo nos tres meses seguintes, nos termos fixados nos estatutos para adquirir a condición de persoa socia.
  2. As achegas poderán transmitirse por sucesión mortis causa a quen acredite ser causahabente se fose persoa socia e así o solicite ou, se non o fose, logo de admisión como tal, que deberá solicitarse no prazo de tres meses dende o falecemento, sen que teña a obriga de desembolsar cota de ingreso.
    Noutro caso, terá dereito á liquidación do crédito correspondente á achega social.
    Se os herdeiros ou herdeiras fosen varias persoas, a cooperativa poderá esixir que o dereito á condición de persoa socia sexa exercido por unha soa persoa, con expreso consentimento das demais, e se non existise acordo entre elas procederase ao aboamento da liquidación da achega social do causante a aquelas que acrediten ter dereito a ela.

ARTIGO 44. REEMBOLSO DAS ACHEGAS

  1. A persoa socia estará facultada para esixir o reembolso das súas achegas ao capital social no caso da súa baixa. Igualmente estarán facultadas as persoas que posúan dereitos sobre elas.
    O órgano de administración poderá rexeitar o reembolso cando se trate de achegas cuxo reembolso, no caso de baixa, poida ser rexeitado incondicionalmente.
  2. A liquidación destas achegas farase polo seu valor nominal segundo o balance de peche do exercicio no que se produza a baixa.
    Pódense establecer deducións sobre todas as cantidades reembolsables polos conceptos de achegas obrigatorias, que non serán superiores ao 30 % no caso de expulsión nin ao 20 % no caso de baixa non xustificada. Non se poderán aplicar deducións sobre as achegas voluntarias.
    No caso de baixa xustificada, non procederá ningunha dedución.
    Deberase ter en conta o incremento do 10 % establecido para os supostos de incumprimento do prazo de preaviso ou do período de permanencia mínimo.
    A decisión sobre a porcentaxe de dedución aplicable en cada caso será competencia do órgano de administración, en función das circunstancias que concorran.
  3. Sen prexuízo das deducións anteriormente citadas, computaranse, se é o caso, e para os efectos do oportuno desconto das cantidades que teñan que devolverse á persoa cooperativista que causa baixa, as perdas, imputadas e imputables, reflectidas no balance de peche do exercicio no que se produza a baixa, xa correspondan ao dito exercicio ou proveñan doutros anteriores ou estean sen compensar.
  4. O órgano de administración poderá aprazar o reembolso da liquidación durante un prazo de cinco anos no caso de expulsión ou baixa non xustificada, de tres anos no caso de baixa xustificada e dun ano no caso de defunción, contado dende a data do peche do exercicio en que a persoa socia causou baixa.
    As cantidades aprazadas darán dereito a percibir o xuro legal do diñeiro dende a data de peche do exercicio en que a persoa socia causou baixa, e non poderán ser actualizadas.
    Cando o órgano de administración acorde a devolución das achegas de reembolso rexeitable, deberá facerse nos prazos establecidos contados dende a data do acordo de reembolso.
  5. O órgano de administración terá un prazo dun mes dende a aprobación das contas do exercicio no que causase baixa a persoa socia, para comunicar a liquidación efectuada.
  6. Cando nun exercicio económico o importe da devolución das achegas supere o 20% do capital social, os novos reembolsos estarán condicionados ao acordo favorable do órgano de administración.
  7. Cando as persoas titulares de achegas de reembolso rexeitable causasen baixa, o reembolso que, se é o caso, acorde o órgano de administración efectuarase por orde de antigüidade das solicitudes de reembolso ou, cando non haxa tal solicitude, por orde de antigüidade da data da baixa.
    Se existen achegas de reembolso rexeitable pendentes de reintegrar aos seus titulares, por baixa destes e rexeitamento do reembolso polo órgano de administración, o ingreso das novas persoas socias deberá efectuarse mediante a adquisición destas achegas. Esta adquisición producirase por orde de antigüidade das solicitudes de reembolso deste tipo de achegas. No caso de solicitudes con igual antigüidade, a adquisición distribuirase en proporción ao importe das achegas.

ARTIGO 45. FINANCIAMENTOS QUE NON INTEGRAN O CAPITAL SOCIAL

  1. A Asemblea Xeral poderá establecer cotas de ingreso e/ou periódicas que non integrarán o capital social nin serán reintegrables.
  2. As cotas de ingreso non poderán ser superiores ao 50 por 100 da achega obrigatoria mínima ao capital social vixente en cada momento para adquirir a condición de persoa socia.

ARTIGO 46. DETERMINACIÓN DOS RESULTADOS NETOS DO EXERCICIO

  1. Para a determinación do resultado do exercicio aplicaranse as normas e criterios establecidos pola normativa xeral contable. Non obstante, consideraranse como gastos deducibles para a determinación do resultado do exercicio os establecidos no apartado segundo do artigo 66 da Lei de cooperativas de Galicia.
  2. No obstante, se considerarán como gastos deducibles para la determinación del resultado del ejercicio, los establecidos en el apartado segundo del artículo 66 de la Ley de Cooperativas de Galicia.
  3. Os resultados obtidos de operacións cooperativizadas realizadas con terceiras persoas non socias figurarán na contabilidade por separado, e destinaranse nun 50 por 100 como mínimo ao Fondo de Reserva Obrigatorio e o resto segundo acorde a Asemblea Xeral, sen que en ningún caso se poida repartir entre as persoas socias.
  4. Os beneficios procedentes de plusvalías no alleamento dos elementos do activo inmobilizado ou os obtidos doutras fontes alleas aos fins específicos da cooperativa, así como os derivados de investimentos ou participacións en sociedades de natureza non cooperativa, destinaranse nun 50 % como mínimo ao Fondo de Reserva Obrigatorio, e o resto segundo determine a Asemblea Xeral, sempre que non se repartan entre as persoas socias, coas seguintes excepcións:
    • a) Os derivados de ingresos procedentes de investimentos ou participacións financeiras, ou en sociedades non cooperativas cando estas realicen actividades preparatorias, complementarias ou subordinadas ás da propia cooperativa, que se considerarán, para todos os efectos, resultados cooperativos.
    • b) As plusvalías obtidas polo alleamento de elementos do inmobilizado material destinados ao cumprimento do fin social, cando se reinvista a totalidade do seu importe en novos elementos do inmobilizado, con idéntico destino, dentro do prazo comprendido entre o ano anterior á data da entrega ou posta a disposición do elemento patrimonial e os tres anos posteriores, sempre que permanezan no seu patrimonio, agás perdas xustificadas, ata que finalice o seu período de amortización.
    • c) Para a determinación dos resultados extracooperativos imputarase aos ingresos derivados destas operacións, ademais dos gastos específicos necesarios para a súa obtención, a parte que, segundo criterios de imputación fundados corresponda dos gastos xerais da cooperativa.

ARTIGO 47. DISTRIBUCIÓN DE EXCEDENTES NETOS.

  1. Os resultados positivos que se produzan nun exercicio económico non poderán ser distribuídos entre as persoas socias.
  2. Anualmente, dos excedentes contabilizados para a determinación do resultado do exercicio, unha vez deducidas as perdas de exercicios anteriores e antes da consideración do imposto de sociedades do exercicio económico, destinarase:
    • a) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio, unha contía global mínima do 20 %, e ao Fondo de Formación e Promoción, polo menos un 5 %.
    • b) Dos beneficios extracooperativos e extraordinarios, como mínimo un 50 % ao Fondo de Reserva Obrigatorio
  3. O resto, unha vez que se satisfagan os impostos esixibles, será o excedente dispoñible, que deberá destinarse ao Fondo de Reserva Obrigatorio.
    As retribucións do persoal asalariado non poderán superar o 150% das retribucións que en función da actividade e categoría profesional, estableza o convenio colectivo aplicable ao persoal asalariado do sector

ARTIGO 48. FONDOS SOCIAIS OBRIGATORIOS

  1. O Fondo de Reserva Obrigatorio, destinado á consolidación, desenvolvemento e garantía da cooperativa, é irrepartible entre as persoas socias, e destinaranse a el necesariamente:
    • a) Os excedentes netos que estableza a Asemblea Xeral, de acordo co establecido no artigo 46 destes estatutos
    • b) Os excedentes dispoñibles.
    • c) As deducións sobre as achegas obrigatorias ao capital social no caso de baixa non xustificada ou expulsión de persoas socias.
    • d) As cotas de ingreso
      A cooperativa que permaneza máis de cinco anos con só dúas persoas socias, virá obrigada, a partir do seguinte exercicio, a realizar unha dotación adicional á reserva obrigatoria do 2,5 por mil da súa cifra de negocios anual.
  2. O Fondo de Formación e Promoción Cooperativa é irrepartible entre as persoas socias, e destinarase, en aplicación das liñas básicas fixadas pola Asemblea Xeral, a actividades que cumpran algunha das finalidades establecidas no apartado segundo do artigo 68 da Lei de cooperativas de Galicia.
    Ao Fondo de Formación e Promoción Cooperativa destinaranse necesariamente:
    • a) A porcentaxe dos excedentes netos que estableza a Asemblea Xeral, de acordo co artigo 47 destes
    • b) As sancións económicas que lles impoña a cooperativa ás súas persoas socias.

ARTIGO 49. IMPUTACIÓN DE PERDAS

  1. Poderanse imputar as perdas a unha conta especial para a súa amortización con cargo a futuros resultados positivos dentro do prazo máximo de sete anos.
  2. Na compensación de perdas, a cooperativa terá que suxeitarse á orde seguinte:
    • a) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio.
    • b) A contía non compensada co fondo de reserva obrigatorio imputarase ás persoas socias en proporción ás operacións, servizos ou actividades realizadas por cada unha delas coa cooperativa. Se estas operacións ou servizos realizados son inferiores aos que como mínimo está obrigada a realizar a persoa socia conforme o establecido nos estatutos sociais, a imputación das referidas perdas efectuarase en proporción á actividade cooperativizada mínima obrigatoria, sen que en ningún caso poidan imputarse en función das achegas ao capital social.
  3. As perdas imputadas a cada cooperativista satisfaranse directamente ou mediante deducións nas súas achegas ao capital social.

ARTIGO 50. EXERCICIO ECONÓMICO. CONTAS ANUAIS

  1. O exercicio económico terá unha duración de 12 meses e estenderase dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.
  2. O órgano de administración está obrigado a formular no prazo máximo de 3 meses, contados a partir do peche do exercicio económico, as contas anuais, o informe de xestión e a proposta de distribución de excedentes e destino dos beneficios extracooperativos ou da imputación de perdas, para a súa aprobación pola Asemblea Xeral.

CAPÍTULO V

Documentación social e contabilidadeDo


ARTIGO 51. DOCUMENTACIÓN SOCIALARTIGON


  1. A cooperativa levará en orde e ao día os seguintes libros:
    • a) Libro rexistro de persoas socias.
    • b) Libro rexistro de achegas ao capital social.
    • c) Libro de actas da Asemblea Xeral e do órgano de administración.
    • d) Libro de inventarios e balances e libro diario, conforme ao contido disposto na normativa mercantil.
    • e) Calquera outro libro esixido polas disposicións legais.
  2. Todos os libros sociais e contables serán dilixenciados e legalizados, con carácter previo á súa utilización, polo rexistro de cooperativas competente.
  3. Os libros e demais documentos da cooperativa estarán baixo a custodia, vixilancia e responsabilidade do órgano de administración.
  4. Será válida a realización de asentos e anotacións por calquera procedemento idóneo, sobre follas que despois serán encadernadas correlativamente para formar os libros obrigatorios, que serán presentados ao rexistro de cooperativas competente para a súa legalización, antes do transcurso dos catro meses seguintes á data de peche do exercicio.

ARTIGO 52. CONTABILIDADEARTIGO

  1. As cooperativas deberán levar unha contabilidade ordenada e adecuada á súa actividade consonte o establecido no Código de comercio, o Plan xeral contable e as singularidades da natureza do réxime económico da sociedade cooperativa.
  2. A composición das contas anuais será a establecida pola normativa contable de aplicación.
  3. O órgano de administración presentará para o seu depósito no rexistro de cooperativas competente, dentro do prazo de dous meses contados dende a súa aprobación pola Asemblea Xeral, as contas anuais, o informe de xestión e, de ser o caso, o informe de auditoría externa, así como certificación acreditativa do número de persoas socias.

ARTIGO 53. AUDITORÍA EXTERNA

  1. A cooperativa, ademais de vir obrigada a auditarse cando concorran os supostos establecidos na Lei de auditorías e as súas normas de desenvolvemento ou calquera outra norma legal aplicable, deberá facelo cando así o acorde a Asemblea Xeral ou o órgano de administración.
    Tamén virá obrigada a auditarse cando o soliciten por escrito o 15 por 100 das persoas socias da cooperativa. Neste suposto, os gastos orixinados como consecuencia da auditoría correrán por conta de quen a solicitase, agás cando resulten dela vicios ou irregularidades esenciais na contabilidade auditada.
  2. Os auditores ou auditoras de contas serán designados pola Asemblea Xeral. Non obstante, cando a designación por este órgano social non se fixese oportunamente ou as persoas designadas non poidan cumprir as súas funcións, o órgano de administración poderá proceder a tal designación e dará conta dela na primeira asemblea que se celebre.
    Non poderán auditar externamente as contas as persoas sinaladas no parágrafo cuarto do artigo 55 da Lei de cooperativas de Galicia.
  3. Os auditores ou auditoras externos disporán, como mínimo, dun mes dende que as contas lles foran entregadas polo órgano de administración, para formular o seu informe, que deberá conter como mínimo as mencións establecidas no artigo 55 da Lei de cooperativas de Galicia.

CAPÍTULO VI

Da disolución e liquidación


ARTIGO 54. CAUSAS DE DISOLUCIÓN

A cooperativa disolverase:
  1. Por acordo da Asemblea Xeral, adoptado por maioría de dous terzos dos votos presentes e representados.
  2. Por cumprimento do termo fixado nos estatutos, salvo acordo expreso en contrario da Asemblea Xeral, adoptado coa maioría establecida na letra anterior, que se elevará a escritura pública e se inscribirá no rexistro de cooperativas.
  3. Por finalización e cumprimento da actividade empresarial, social ou económica que constitúa o seu obxecto social, ou pola imposibilidade notoria e manifesta do seu cumprimento, ou paralización dos seus órganos sociais durante un ano, ou da actividade cooperativizada durante dous anos, de tal xeito que imposibilite o seu funcionamento.
  4. Pola redución do capital social mínimo estatutario ou do número de persoas socias necesarias para constituír a cooperativa da clase e grao de que se trate, sen que se restableza no prazo de seis meses. No caso da redución do capital social mínimo estatutario, poderase evitar a causa de disolución, procedendo á redución do capital social, por acordo da Asemblea Xeral adoptado pola maioría de dous terzos dos votos presentes e representados, sempre e cando o resultante non sexa inferior ao mínimo legal.
  5. Por quebra da sociedade, cando como resultado da interposición e resolución de tal proceso concursal proceda a súa disolución.
  6. Pola fusión ou escisión da sociedade cooperativa.
  7. Por calquera outra causa establecida na Lei de cooperativas de Galicia.

ARTIGO 55. LIQUIDACIÓN E EXTINCIÓN

Unha vez que se cumpriron as formalidades legais sobre disolución da cooperativa e aberto o proceso de liquidación, salvo nos casos de fusión ou escisión, as funcións do órgano de liquidación serán asumidas polo órgano de administración.
A liquidación e extinción da cooperativa axustarase ao disposto na Lei de cooperativas de Galicia.